Historia de Chenlo

Entidade Local Menor de Chenlo.

A parroquía de San Xoán de Chenlo é a que se atopa máis elevada e a maior distancia do centro urbano. Exténdese ao longo das faldas do Monte Castro, na Serra do Galiñeiro. Parece ser que foi fundada entorno ó Castelo de Chein, construido no século XIV e actualmente desaparecido. Noutrora foi sede do Arciprestazgo da Louriña.

En 1924 Chenlo constituíuse como entidade local menor, unha das nove que existen en Galicia na actualidade. Conta cun alcalde-pedáneo elixido nas urnas cada catro anos, coincidindo coas eleccións municipais.

Chenlo é quizais a parroquia do Porriño onde a natureza se atopa en estado máis virxe, estando conformada por fragas e campos que salvan os fortes desniveis de terreo. As vistas do Val da Louriña dende esta parroquia son espectaculares, como ben se pode observar no mirador dos Cabreiros.

Un dos recunchos máis fermosos da parroquia atópase nas Filgueiras. Nun contorno de gran beleza e interese natural encóntrase un conxunto de sete muiños de auga rehabilitados, que amosan diferentes tipoloxías arquitectónicas.

A entidade local menor ten unha pequena sede con biblioteca pública. A igrexa parroquial foi edificada no ano 1775 e reconstruída en 1942. Trátase dun pequeno pero fermoso edificio con fermosas vistas do val, xunto ao que se ergue a casa rectoral.

De Chenlo tamén destacan as súas vintedúas cruces de pedra distribuídas por toda a parroquia, entre os que destacan as da Ladeira e a Escusa, así como o peto de ánimas de Canadelo.

Chenlo conta con 632 habitantes e divídese nos seguintes barrios: As Abas, A Becerreira, As Cabreiras, Os Cabreiros, As Cales, Canadelo, Os Eidos, A Escusa, Filgueiras, A Granxa, A Ladeira, Parada, Penedo, O Pomariño, Pombal, Porto de Eiras, A Quinta, O Saramagal, O Toxal e Vilar. Advocación: San Xoán.

Os Alcaldes pedáneos o longo da historia da entidade dende 1920 son: Manuel Mª Guisande, Bernardo Dominguez Alonso, Ramón Muñoz Rodriguez, José Domínguez Martínez, Avelino González, Masimino Pichel, Aurelio Maceira Alonso, José Alonso Muñoz, José Alonso Dobarro, Jose Ramón Lorenzo Rodríguez, José Portela, M. Alejandro Lorenzo.

As festas máis importantes que se celebran son a de San Xoán o 24 de xuño, a festa do Cabrito o espeto o primeiro domingo de agosto, Neno Xesús o terceiro domingo de agosto e Inmaculada Concepción, 8 de decembro.

conece-chenlo